s s
imaxeimaxe3 Fotos
 
imaxe2
          mmm     

A nosa historia

Os primeiros documentos oficiais que coñecemos nos cales aparece Santiso datan da primeira metade do século XII. Temos constancia nun diploma de Alfonso VII ala polo ano 1142, cando lle fai doazón do seu realengo de Sancti Thyrsi sub monte Coto (probablemente só un conxunto de terras) a Velasco Suarez.

No 1276 estas terras pasan a mans do Mosteiro de Montederramo, onde atopamos un documento que nos refire co nome de Santisu. Daquela, Santiso era unha pequena aldea creada seguramente como casal para abastecer de castañas e patacas os frailes do Mosteiro. Os frailes para ter un control máis directo dos seus vasalos constrúen o Priorato, o cal aínda se pode admirar nas paredes dunha casa do lugar (casa actual da familia Muñoz, que seguramente foi a primeira casa de Santiso). 

Polo ano 1487, trala morte de Francisco Feixoo, o bispo de Ourense sinala nun documento como padroeira a súa muller, dona Aldonza Rodríguez de Soutelo e o seu fillo Gonzalo Feixoo Rodríguez de Soutelo. Según dito documento, dita señora e o seu fillo, "por fuerza", collían cada ano un porco e un carneiro cada un. A súa vez, Rodrigo Cide, tamén "por fuerza", demandáballe a eles, un xantar e "una prenda de sua casa por lo dito jantar, e que non tiña a el justicia".

Podemos supoñer que logo que o abade do Mosteiro de Montederramo Fray Raimundo Gonzalez tivese que entregar o cenobio o goberno liberal no ano 1820, provocou nel unha gran repulsión do Réxime Constitucional que traería consecuencias. O abade foi apresado e axusticiado nos llanos de Maceda xunto a quince persoas máis, entre elas cinco cregos (13 Agosto 1823). A desamortización de Mendizabal, no ano 1835 fixo que as terras dos frailes foran repartidas entre  os campesiños, e o Priorato pertenceu dende esos anos a familias da aristocracia castelá.



 

Permítese a reproducción total ou parcial facendo referencia as fontes:
Pablo Aguiar e Asociación Vila da Serra. Santirso 2006