s s
imaxeimaxe3 Fotos
 
imaxe2
          mmm     

O noso entorno

vaca

Santirso está no leste do val de Maceda, nas primeiras estribacións da Serra do San Mamede, que xunto coa Serra de Queixa e os Montes do Invernadoiro forman o espazo natural máis completo da alta montaña galega. A medida que nos diriximos dende Santiso cara ó leste, temos unha flora cada vez máis propia dun clima continental de alta montaña, a chamada rexión eurosiberiana galega. Atopamos no noso camiño vexetación de monte baixo, queirugas, cerquiños, uces brancas, arandos, cancireixos e máis bosques de coníferas resultado da repoboación forestal. Por outra banda, dirixindo a nosa mirada cara o oeste, baixando pois cara o val,  aparecen carballos, castiñeiros e bidueiros pero sobretodo terras de cultivo destinadas ó gando.enorme

A fauna ofrece unha ampla variedade de aves, reptís e anfibios. En canto as aves, cómpre destacar a existencia de máis de cen especies, entre as que temos a charrela (perdix perdix), somorgullos, martiño peixeiro, lavandeiras e un bó número de aguias e falcóns. Tampouco sería xusto esquecer o importante número de corzos, xabaríns, cervos, coellos, lebres, indicadores das rexións da Galiza interior.

enorme

Unha parte cada vez máis grande da serra emprégase para a cría en liberdade de gando vacún, para o que cada unha das parroquias teñen en propiedade cadanseu monte comunal. 


 

Permítese a reproducción total ou parcial facendo referencia as fontes:
Pablo Aguiar e Asociación Vila da Serra. Santirso 2006