s s
imaxeimaxe3 Fotos
 
imaxe2
          mmm     

Entroido

Así como o entroido de Laza xira arredor do peliqueiro, o de Verín entorno o cigarrón, en Xinzo a pantalla e así moitos outros, en Santiso, como en todo o concello de Maceda, o personaxe central do entroido é o Felo. Segundo algunhas teorías foron antigos cobradores de impostos e trabucos, aínda que moitos pretenden asocialo mesmo con tempos prehistóricos. Dende a chaqueta, os pantalóns, as chocas até a carauta e o caiado, todos os compoñentes da vestimenta do Felo son moi característicos e diferenciadores perante outras figuras representativas dos entroidos veciños.

felos

En Santiso o entroido vívese de xeito especial.  Cando as xentes da aldea senten o son das chocas mostran na súa faciana unha mistura de medo e ledicia que non deixan ver ó longo ano. ¿Qué máis ten o que se está facendo? ¿qué máis ten o que íamos facer? ver a chegada dos felos ben paga a pena.


 

Permítese a reproducción total ou parcial facendo referencia as fontes:
Pablo Aguiar e Asociación Vila da Serra. Santirso 2006