|
|
|
|
|
|
|
mmm
Festas
O
día propio da festa de Santiso é o 12 de Setembro, na
honra de Santa María. Por mor do maior número de xente
presente no pobo durante o mes de agosto, a festa vense celebrando
arredor do 15 de dito mes.

Segundo
o ano lévanse organizado moitas actividades, teatro, karaoke,
acampada... aínda que o que se repite con seguridade cada ano
son os alomenos dous días de verbena, coa correspondente
queimada e os xogos infantís. Aínda que a festa
perde de xeito exponencial o seu carácter relixioso e son poucos
os que pensan na virxe nestes días de festa, na
mañá do domingo celébrase unha misa con
procesión na honra de Santa María.

|
|