|
|
|
|
|
|
|
mmm
Hoxe
Febreiro
Os felos en Santirso
Un ano máis, volveu a festa do entroido ás terras do val de Maceda. O sábado foi o día grande. Un bo número de felos percorreron as vilas e aldeas de Maceda e fixeron que as xentes de Escuadro, Pias, Castro, Santirso, Xinzo, Tioira... tiveran que botar algunha que outra carreira para se librar dos golpes das chocas. O domingo o entroido se trasladou a Maceda, onde se romperon olas de barro e se bebeu viño da man da "Asociación O Pipote", todo entre unha intesa choiva que non desluciu a festa. O luns e o martes o entroido non parou, máis felos, cocido, cachucha, desfile e concurso. Ao final a tristura do fin do entroido invadiu Maceda, loito e moitas bágoas. Xa chegou Dona Cuaresma... agora só nos queda agardar un ano, que imos facer?
Os felos entrando en Santirso.
Outubro
Santirso e a natureza
Integrantes e achegados da Asociación Cultural Turzó e da Asociación de veciños de Santirso (Concello de Maceda), disfrutaron o 17 de agosto dunha xornada lúdico - educativa na Serra para descubrir as instalacións do Centro de As Corcerizas
Puideron ver o funcionamento dunha turbina de auga, sistemas de control e almacenamento de enerxía, tellados feitos con terra, corcho e caucho, plantas que depuran augas residuais.
Aquí podes ver as fotos da visita:
Fotos Corcerizas
Na foto, Raquel, Judith, Antela, Kevin, Francois, Rubén e Pablo. Abaixo, Pablo, Rita, Suso e Jesús.
Un novo verán xa está aquí
Chega o mes de Agosto e Santirso prepárase para recibir xente. Festas para os días 10 e 11. Tamén teremos Cea Popular. Teremos que pasar polas Festas das Neves e das Festas de Castro. Temos a piscina un chisco máis arranxada. Este ano faremos excursión e acampadas na Serra de San Mamede.
Adiante!!!!!
Modelo novas camisetas
Xa temos un modelo para as camisetas de Santirso 2007. Velaquí as dúas cores elexidas.
Fermosa
A Vila da Serra amósase con vaidade na Primavera... sabe que fica fermosa. Gracias Ricardo
Hoxe
Maio
Goberno nacionalista e de esquerdas en Maceda
Como no resto dos Concellos de Galicia, Maceda tamén elexiu esta fin de semana ao seu alcalde. O reparto trouxo unha nova composición do consistorio, 5 concelleiros para o Partido Popular, 4 para o BNG e 2 para o PSOE. Como todo parece indicar, un pacto BNG-PSOE permitirá catro anos de goberno nacionalista e de esquerdas no noso concello. Moita sorte a todos.
Chegou o entroido
E tamén chegaron os felos, que os hai e moitos polas rúas de Maceda, claro que grandes e fortes xa non hai tantos.
E o día de feira
Día feira de entroido xunto o Carro
Xa non hai tantos porcos en Galiza
Bo tempo para a matanza. Moitos foron os que aproveitaron os
días de festa para matar, desfacer, encher, salar, afumar... e
agora a comelos!.
Primeiras neves
Adiáronse máis da conta pero as neves chegaron con forza.
Estivemos preto das Corcerizas (antigo Caudillo) pero non foi posible
seguir ata o cumio do San Mamede, as últimas chuvias deixaron os
camiños para pouca cousa. Nos vindeiros días teredes
máis fotos destes días e do Nadal.
|
|