|
s |
|
|
|
|
s |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
  |
Fotos
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
mmm
Contaba meu avó
O
mundo avanza a pasos axigantados ó tempo que a tecnoloxía
invade os nosos fogares, e pouco a pouco perdemos as cousas do noso
pasado, cousas que formaron parte de nós, dos nosos pais, dos
nosos avós e que nos fixeron ser o que hoxe cada un de
nós somos.
Cun pequeno
esforzo poderás escribir todo que coides de interese e facer así que
quede constancia, que non se perda no esquecemento para sempre. Imos
tentar facer entre todos un lembradoiro do noso pobo, de xeito que
coñezamos o que fomos e os que están por vir
coñezan o que somos.
Grazas por esta primeira colaboración:
|
|
|
|
|
|
¿ Sabedes como se alumeaban os pobos en Galiza ?
Cando se carecía da luz do día, e non había, nin se coñecía a luz
eléctrica, os nosos pobos alumeábanse co candil de gasoil ou o farol de
aceite. Pola noite, cando se ían regar os lameiros e as fincas, se non
había luz da lúa, empregábase, básicamente o farol de aceite, pois non
se podía gastar moito. No inverno, ó ser as noites máis longas había
que irse a cama antes, e eso facía que as parellas tiveran máis familia
da conta...
Despois co pasar do tempo, apareceu a linterna de pila cadrada e o
candil de carburo, pero a meirande parte destos derradeiros inventos,
disfrutábanos só os que tiñan un poder adquisitivo maior, os pobres
tiñan que seguir co candil de gasoil e o farol de aceite. Hasta os
nosos días que todo evolucionou, hoxe todolos fogares galegos, aínda
nos máis alonxados, teñen luz eléctrica, señal de TV, estradas
asfaltadas, teléfono...
Esta etapa da nosa Galiza afortunadamente xa pasou e podemos contala como outras cousas de Santirso, a nosa Vila da Serra.
Juan José Gómez (Pepe) |
|
| A
Vila da Serra |
Permítese a reproducción total ou parcial facendo referencia as fontes: Pablo Aguiar e Asociación Vila da Serra. Santirso 2006 |
|
|