|
|
|
|
|
|
|
mmm
Santiso
A meirande parte dos
meses do ano chovendo, algúns con
neve, moitos con frio, outros con néboa,
orballo.... un tempo xeneroso coa terra e co
labrego, pouco co visitante, agás parte do
verán. Mais non o precisamos, disque senón fora diste
xeito xa non sería Santiso, nin Galiza, nin
habería verde, nin tranquilidade... habería
formigón, turistas, guiris, souvenirs
e para eso xa temos sitios dabondo.

Santiso está
situada no Val de Maceda ó pe da Serra do San Mamede. A
súa estratéxica situación fixo que sempre estivera
ligado a importantes casas tanto civiles coma relixiosas.
Encóntrase aproximadamente a 700 metros de altitude e é
un dos últimos pobos, xunto a A Teixeira, Calveliño do
Monte, Escuadro e Castro antes de adentrarse no gran macizo oriental
ourensán. Foi lugar de paso das xentes de Caldelas que se
dirixían cara o Santuario dos Milagros. Probablemente coma unha
vella herdanza dos tempos de dominio monacal que reinaban na Galiza, no
que Santiso constituía unha clara referencia do Mosteiro de
Montederramo, no control das terras do Val de Maceda.
|
|